3. Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP e do Deportivo,
Lugo, Celta Fortuna e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos seis equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Ourense CF, Fabril Deportivo e Racing Vilalbés. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira RFEF feminina.O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Obradoiro e Breogán, na ACB; Ensino, Celta e Uni Ferrol no baloncesto feminino; Cangas, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns masculino e o Coruña Hockei na Liga feminina; Noia, no fútbol sala masculino; Burela, Ourense, Poio, Marín, O Castro e Amarelle no fútbol sala feminino; os dous equipos do Emevé Lugo e Boiro, no voleibol; Crat Coruña, no rugbi feminino; e o Amfiv Vigo, no baloncesto en cadeira de rodas.
Producer/Network
AGalegaAudio
Last Episode Date